Monográfico Mondoñedo na Memoria “Homenaxe a Andrea López Chao”
No marco das XVI Xornadas Abrindo Camiño, tivo lugar a presentación dun monográfico dedicado a Andrea López Chao e patrocinado polo Concello de Mondoñedo. Esta obra conmemora o legado da mestra mindoniense, ao cumprirse o centenario da súa participación no I Congreso de Mujeres celebrado na Habana en 1923.
A compilación recolle unha serie de artigos elaborados por catedráticos, investigadores, historiadores e xornalistas que reivindican a importancia de López Chao na historia da educación e na defensa dos dereitos das mulleres. A través das súas contribucións, os especialistas ofrecen unha visión completa da súa figura, subliñando a súa influencia social e o seu papel esencial como unha das pioneiras do feminismo en Cuba e Galicia.
Entre as seccións destacadas, o monográfico inclúe unha entrevista con Patricia Ares, bisneta de Andrea, realizada por Arantxa F. Crespo e Roxana Rodríguez, na que non só proyectase unha perspectiva familiar sobre a vida de Andrea, senón que tamén ofrece un valioso testemuño sobre o seu legado e a importancia do seu labor educativo.
A análise da participación de Andrea López Chao no I Congreso de Mujeres de Cuba en 1923 é un dos eixos centrais do monográfico. O seu discurso naquela ocasión non só reflectiu a súa convicción na educación como motor de cambio, senón que tamén reivindicou a importancia da muller na sociedade, marcando un punto de inflexión no activismo feminista da época.
A xornalista cubano-galega Violeta Ramos Valdés expresa no seu artigo que condensar a obra de Andrea López Chao nun audiovisual representa, en parte, una maneira de resistir ante a posibilidade de que mulleres como ela queden relegadas ao esquecemento na historia.
Este monográfico non só honra a figura de Andrea López Chao, senón que tamén serve como un recordatorio da súa incansable loita por un mundo máis xusto e igualitario. O legado de Andrea é unha fonte de inspiración para futuras xeracións e un testemuño da relevancia do activismo social na historia de Galicia e da diáspora galega.