Intervención de Marina Mayoral no homenaxe a Andrea López Chao o 1 de xullo de 2023 nas Extra XVI Xornadas Abrindo Camiño.
A escritora e catedrática emérita da Universidade Complutense de Madrid, Marina Mayoral, participou de forma telemática na mesa redonda que se celebrou no Auditorio Municipal Pascual Veiga o 1 de xullo de 2023. Baixo o título “Andrea López Chao e a influencia doutras mulleres galegas da época no seu labor na emigración en Cuba (Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal)”, a intervención centrouse en Andrea como unha das pioneiras feministas, realizando unha análise exhaustiva da súa participación no I Congreso da Muller, que tivo lugar na Habana en 1923.
Extra XVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño "Homenaxe a Andrea López Chao"
As Extra XVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño, celebradas do 30 de xuño ao 2 de xullo de 2023 en Mondoñedo e Vilalba, foi unha oportunidade para falar da pegada da emigración galega a Cuba e de achegármonos á traxectoria da mestra e feminista mindoniense Andrea López Chao, e de comprender o alcance do seu legado que continúa a inspirar xeracións. Nas mesmas foron escenario de charlas e mesas redondas nas que personalidades da cultura, catedráticos, investigadores e historiadores celebraron a memoria de Andrea López Chao, rescatando do anonimato o importante traballo desta ilustre galega, contextualizando os seus ideais e a súa labor nun momento histórico complexo, no que a súa voz e compromiso tiveron un impacto fundamental. A través destos relatorios, buscouse non só enaltecer a súa memoria, senón tamén dar a coñecer a relevancia da súa contribución aos dereitos socias y civís, á educación e á igualdade.
Os relatorios presentados nestas xornadas quedaron rexistrados nun libro de actas que pódese consultar en formato PDF, e ademáis en formato de audio, dispoñible para o público xeral.
Limiar
Iria Castro Fernández
Deputada delegada da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística
Deputada delegada da Área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística