O poder de educar

    NOS

Somos un equipo comprometido en rescatar do silencio as historias de mulleres que abriron camiños, mulleres que, a pesar da súa valentía e visión, foron e son ignoradas e esquecidas pola narrativa tradicional. A nosa misión é dar voz a estas historias a través do audiovisual, xa que cremos firmemente no poder transformador da educación e no cinema documental como unha ferramenta didáctica extraordinaria para promover a igualdade de xénero, desafiar estereotipos e fomentar unha educación inclusiva.

O noso equipo está conformado por profesionais feministas –xornalistas, investigadores e historiadores– comprometidos coa xustiza social e a equidade de xénero. Nos une a convicción de que a educación é unha poderosa ferramenta para o cambio social, e traballamos arreo para empregala de maneira efectiva. Documentamos cada etapa dos rodaxes e do traballo de investigación para ofrecer un relato auténtico e profundo que inspire o diálogo e a reflexión.

Temos o propósito de xerar espazos de diálogo e debate na comunidade, tanto nas escolas como na sociedade en xeral. Para iso, unha das nosas estratexias é organizar proxeccións e eventos abertos á comunidade, convidando ás persoas a reflexionar sobre os temas abordados nos nosos documentais, que lles sirvan como base para a reflexión crítica, o debate e a construción dunha sociedade máis inclusiva.

    ¿Por qué O poder de educar?

Creemos que o feminismo, a educación e a migración están intrinsecamente relacionados. Unha sociedade feminista promove unha educación inclusiva que desafía estereotipos e fomenta a igualdade. A educación é esencial para empoderar as mulleres e proporcionarlles as ferramentas necesarias para afrontar os retos da migración e da vida en xeral. Cando as mulleres están educadas, contribúen de maneira significativa ao desenvolvemento económico, social e cultural das comunidades.

Para os homes, a educación fomenta unha maior comprensión e empatía cara á igualdade de xénero, desafiando estereotipos e comportamentos nocivos. Cando todos os membros da sociedade están educados no feminismo, promóvense valores de respeto e valoración da diversidade, creando un ambiente máis harmonioso e inclusivo.

A educación é un soporte esencial para o progreso social, xa que unha sociedade educada é máis propensa a abordar problemas como a discriminación, a violencia de xénero e a pobreza. En definitiva, a educación é a única clave para abrir as portas do empoderamento, que beneficia non só á muller, senón a toda a sociedade, ao construír un futuro máis xusto.