O poder de educar

En rodaxe

Presentamos unha serie de cortos que se irán subindo á nosa páxina web a medida que avanzamos na produción do documental O poder de educar. Andrea López Chao. Estes cortos ofrecerán unha mirada íntima e significativa sobre os momentos e as voces que dan vida a este proxecto.
Durante o rodaxe na antiga fábrica de electricidade de Mondoñedo, José Luís Fernández Ansedes, presidente da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEGAC), presidente da Asociación Abrindo Camiño e coordinador da Comisión Homenaxe a Andrea López Chao, fala sobre o contexto que atopou Andrea cando viaxou a Mondoñedo en 1927, abordando a importancia da educación e o legado de Andrea na loita polos dereitos das mulleres e o acceso á ensinanza.

Momento con Carmen Casado Álvarez capturado cun móvil, antes da entrevista para o documental O poder de Educar: Andrea López Chao. Carmita, como a chaman cariñosamente, ten  83 anos e foi alumna de Andrea López Chao. Como era habitual entre os fillos de galegos na comunidade galega en Cuba, Carmita cursou os seus primeiros  estudos  no plantel Concepción Arenal. Aínda que se lle coñece por ese diminutivo, o seu carácter é o de unha xiganta. Carmita estudou enxeñería química e, durante toda a súa vida profesional dirixiu a homes nunha empresa da industria lixeira en Cuba.

O legado de Andrea López Chao permanece inborrable na súa memoria, e recorda con admiración a súa ensinanza, que sempre estivo presente ao longo da súa vida. Este curto captura un momento significativo, reflexionando sobre a influencia de Andrea na educación e testemuñas que lembra do seu paso polo plantel Concepción Arenal.