Somos un equipo comprometido en rescatar do silencio historias de vidas migrantes —mulleres, homes, comunidades enteiras— que, a pesar da súa forza e visión, foron e son ignoradas pola narrativa tradicional.

A nosa misión é dar voz a esas historias a través do audiovisual, porque cremos no poder transformador da educación e no cinema documental como ferramenta para comprender mellor as sociedades nas que vivimos.

O noso equipo está conformado por xornalistas, investigadores e historiadores comprometidos coa xustiza social e a igualdade.Documentamos cada etapa dos rodaxes e do traballo de investigación para ofrecer un relato auténtico e rigoroso, que abra diálogo e reflexión máis alá da pantalla.

Organizamos proxeccións e eventos abertos á comunidade —tamén nas escolas— para que os temas dos nosos documentais sirvan de punto de partida para o debate e a construción dunha sociedade máis xusta.