¿Por qué O poder de educar?

O poder de educar continúa traballando activamente na investigación de arquivos históricos e na recollida das testemuñas sobre o fenómeno global da migración para transformalas en producións audiovisuais e documentais. Cada muller e cada home que ten que emigrar carga consigo unha historia distinta: nuns lugares faltan liberdades, noutros faltan oportunidades económicas, e en moitos, ambas as dúas. É unha realidade complexa que transforma tanto ás persoas desprazadas como ás sociedades que as reciben. A través da pantalla, rescatamos ese fío común: a educación como a ferramenta que permite nomear o que falla e atopar a forza para resistir. Contamos estas historias para facelas visibles, utilizando o poder do relato audiovisual como a nosa propia aula de concienciación.

Fronte a quen entende o poder desde a acumulación de diñeiro, a posesión de bens ou o exercicio da dominación sobre outros, nós defendemos que o auténtico motor de cambio é o poder de educar; unha forza transformadora capaz de semear un pensamento de igualdade. Unha sociedade que se educa a través do reflexo das súas propias realidades humanas adquire as ferramentas necesarias para comprender a súa contorna. Cando unha comunidade aprende destas historias, iso tradúcese nunha maior comprensión mutua, na erradicación de estereotipos e en valores firmes de respecto e recoñecemento da diversidade.

Nesta intersección —educación, igualdade e migración— non atopamos só unha vía de empoderamento, senón a resposta fundamental aos grandes desafíos que hoxe enfronta a humanidade: a desigualdade, a exclusión e a perda de dereitos. Reivindicamos que la verdadeira solución, o principio de todo progreso social, nace da educación e da sensibilización. O cine documental é o soporte essencial para espertar conciencias, esixir liberdade de pensamento e construír as pontes de concordia indispensables para achegarnos a un mundo máis sensato, xusto e igualitario.