En rodaxe

Presentamos unha serie de pequenos vídeos do rodaxe, cunha ollada íntima e significativa aos momentos e ás voces que dan vida ao documental Andrea López Chao. O legado dunha mestra galega en Cuba. Estas pezas, a modo de making of, mostran o proceso e a atmosfera que arrodean a súa creación.
Mondoñedo en 1927: o contexto dunha mestra pioneira
Durante o rodaxe na antiga fábrica de electricidade de Mondoñedo, José Luís Fernández Ansedes, coordinador da Comisión Homenaxe a Andrea López Chao, fala sobre o contexto que atopou Andrea cando viaxou a Mondoñedo en 1927. Aborda tamén a importancia da educación e o legado de Andrea na loita polos dereitos das mulleres e polo acceso á ensinanza.
 
Carmita, a memoria viva dunha alumna de Andrea

Momento con Carmen Casado Álvarez, capturado cun móbil antes da entrevista para o documental Andrea López Chao. O legado dunha mestra galega en Cuba.

Carmita, como a chaman cariñosamente, ten 83 anos no momento da filmación e foi alumna de Andrea López Chao. Como era habitual entre os fillos de galegos da comunidade galega en Cuba, Carmita cursou os seus primeiros estudos no plantel Concepción Arenal.  Aínda que se lle coñece por ese diminutivo, o seu carácter é o dunha xiganta. Carmita estudou Enxeñería Química e, durante toda a súa vida profesional, dirixiu homes nunha empresa da industria lixeira en Cuba.

O legado de Andrea López Chao permanece imborrable na súa memoria. Carmita lembra con admiración o seu ensino, que permaneceu presente ao longo de toda a súa vida. Este curto recolle un momento especialmente significativo, no que reflexiona sobre a influencia de Andrea na súa educación e comparte os recordos que conserva do seu paso polo plantel Concepción Arenal.