O poder de educar

A asociación Abrindo Camiño celebrou o acto de presentación do libro de actas das ‘Extra XVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño. Homenaxe a Andrea López Chao’, que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba. No auditorio Pascual Veiga, de Mondoñedo.

O acto de presentación das actas que, ademais de ser impresas en papel, teñen unha versión dixital para facilitar a súa difusión a calquera parte do mundo. Contaron co patrocinio da área de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ademais hubo un concerto didáctico de Troupelear, con Branca Villares e Pablo Pintor; proxección do teaser do documental ‘Andrea López Chao. O poder de educar’, a cargo da súa directora, Violeta Ramos Valdés, xornalista e cineasta galego-cubana.

Fiximos un percorrido simbólico por Mondoñedo pasando pola casa natal de Andrea López Chao e que rematou no Parque da Lembranza, no Cemiterio Vello. E ás 13:00 horas, ofrenda floral e lectura do manifesto homenaxe ás e aos emigrantes e países de acollida, e conmemoración do centenario da publicación Do Noso Lar, editada en Bos Aires pola Sociedade Mondoñedo y Distritos en 1923.

Acceso libre as actividades polo homenaxe a Andrea López Chao

Todas as actividades tiveron acceso libre e gratuíto e a organización convidou aos mindonienses e cidadanía en xeral a participar nestes actos para homenaxear a Andrea López Chao. Entregaronse aos asistentes un exemplar do monográfico ‘Mondoñedo na Memoria’, dedicado a Andrea López Chao e patrocinado polo Concello de Mondoñedo.

Andrea López Chao naceu en Mondoñedo o 12 de febreiro de 1874. Realizó estudos primarios en Mondoñedo e os de maxisterio na Escola Normal da Coruña. Comezó a exercer como mestra en Paradavella (A Fonsagrada) en 1897, e nos seguintes anos sucesivamente nas escolas de Lindín, Couboeira e Viloalle, as tres no concello de Mondoñedo. A partir de 1904 exerceu case medio século como destacada profesora e varias veces directora do Plantel Concepción Arenal do Centro Gallego da Habana. Como activista social e defensora dos dereitos sanitarios e sociais das mulleres galegas en Cuba participou na fundación de Hijas de Galicia en 1917, sociedade da que foi a primeira muller vicepresidenta. Obtén a carta de naturalización (nacionalidade) cubana o 11 agosto de 1936 e falece na Habana o 19 de xuño de 1954.